www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

AER denuncia a falta de estudos mediambientais nas obras do muro da praia
Política • 17/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Cualifican a actuación de "arriscada" por non existiren informes nin estudos sobre o seu impacto medioambiental "tanto no tema de conservación do areal como na posible influencia ao sector marisqueiro". Lembran que o propio arquitecto municipal aconsellara "un paseo pilotado como mellor xeito de evitar a perda de area" que dende hai anos se ven producindo nesa praia. Por estes motivos reclaman que se paralicen as obras.


As críticas á obra de construcción dun muro na praia de Cesantes lonxe de amainar continúan. A Agrupación de electores posiciónase tamén en contra dunha actuación que segundo denuncian carece de estudos e informes que garantan que a obra non vai ter repercusións prexudiciais no litoral. Neste sentido critican dende AER que o goberno local se escude en que xa se realizaron dous consellos parroquiais para abordar esta cuestión, cando segundo explican en ningunha desas reunións nin o alcalde nin o enxeñeiro encargado da obra amosou estudo algún sobre a repercusión que o muro ía ter no areal ou no banco marisqueiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: