www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Mecos impúxose na absoluta da Bandeira do Porvir, con Chapela nos podios femininos
Deporte • 16/03/2015
Autor: Ana Prieto

O club do Grove fíxose coa VII Bandeira do Porvir-Memorial Obdulio Iglesias "Odilo", na que participaron trece clubs da Liga Territorial Sur. O Club de Remo Chapela, organizador da proba de bateis, acadou a prata na categoría Cadete Masculina e o bronce na Infantil Masculina e nas de Promesa e Absoluta Feminina.


Máis de 350 deportistas participaron nas distintas categorías, xa que a proba contou cunhas oitenta embarcacións. O podio na categoría Absoluta Masculina completárono Amegrove e Moaña, coas embarcacións de Chapela na 7ª e 8ª posición, e Cesantes como 12ª. A proba Xuvenil Masculina foi tamén para Mecos, seguida de Tirán e Mecos B. En Cadetes Masculino venceu Samertolameu, seguida de Chapela e Robaleira, e en Infantil dominou Vila de Cangas, por diante de Mecos e Chapela. Na categoría de Promesa Feminino venceron as de Vilaxoán, por diante de Mecos e Chapela, na Absoluta as mulleres Samertolameu remataron na primeira posición, seguidas de Mecos B e Chapela, e nas Xuvenís impúxose Robaleira, por diante de Vilaxoán e Vila de Cangas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: