www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

Dez medallas e catro records de España para os nadadores Loira Fernández e Mauro Rodríguez
Deporte • 16/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os nadadores do Rácing Club Chapela Loira Fernández Guardiola e Mauro Rodríguez Baliña lograron dez medallas no Campionato de España de Natación para deportistas con discapacidade intelectual disputado en Cádiz. Un impresionante palmarés ao que hai que sumar ter acadado o pase para participar no campionato de Europa que se celebra en novembro en Italia.


Loira regresou do Campionato de España con tres ouros e dúas pratas ademais de lograr records en 400 libre e 100 bolboreta. Pola súa banda Mauro fíxose con tres ouros, unha prata e dous bronces e tamén dous records en 400 libres e 400 estilosa.


Un bo facer destes dous nadadores que lles permite tamén contar xa con praza para o campionato de Europa. Resolto xa o logro deportivo hai que superar agora o económico, motivo polo que o presidente do Club Enrique Carro fai un chamamento a posibles patrocinadores privados que faciliten a estes nadadores estar na cita deportiva europea.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: