Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O RedondelaFS arranca un punto na súa visita ao campo do Talleres ABC Vigo
Deporte • 16/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo vigués non foi quen de vencer aos de Julio Mougán nun encontro que rematou cun 3-3 no marcador. Único dato positivo nunha xornada negra no fútbol sala local con derrota para os dous equipos de Chapela. O Campito caía por 2-7 ante o Tui Futsal e o Arealonga nada podía facer na súa visita ao campo do líder na autonómica norte, o Riazor vencía o encontro cun contundente 7-2.


O Redondela visitaba o Pavillón das Travesas para medirse co vixente campión da liga galega, o Talleres ABC. Un encontro moi igualado con falta de intensidade e pouco fútbol sala, pero tamén con emoción ante un resultado incerto sobre todo nos minutos finais.


Sería na segunda parte do encontro cando o Redondela amosaría un pouco máis de ambición, logrando situarse por primeira vez por diante no marcador grazas a un tanto de Borja. Unha alegría que lles duraría pouco aos de Mougán nun partido que remataría en táboas, co definitivo 3-3.


Un punto para cada un, máis valioso para os de Redondela, que recortan un pouco a distancia co terceiro clasificado, que perdía seu encontro ante Mos. Na vindeira semana a cita será na bomboneira, onde o Redondela recibirá ao decimo cuarto da categoría, o Mondariz.


Pola súa banda, o Campito é décimo logo de caer 2-7 ante o Tui Futsal. Na vindeira semana mídense cun rival directo o Lume Bamboo, situado na oitava praza.


Na autonómica norte tampouco lle foron ben as cousas ao Arealonga, iso si, tiñan un partido difícil xa que xogaban no campo do Riazor, líder indiscutible. Partido que rematou cun contundente 7-2 a favor dos coruñeses. Os de Chapela reciben na próxima semana ao Begonde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: