www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

No aire 400.000 euros dos fondos europeos por non acometer as obras do Marisma Máis
Política • 13/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Unha achega económica dos fondos Feder que estaba previsto investir en obras que non se van realizar como o Centro de Día de Trasmañó, o embarcadoiro de Chapela e a recuperación do entorno da Torre de Rande podería perderse logo de rexeitar o pleno unha reestruturación do proxecto Marisma Máis. A proposta do goberno local pasaba por solicitar que eses cartos se puidesen investir noutras actuacións xa en marcha como o pavillón de A Marisma. Os grupos da oposición rexeitaron trasladar esas partidas e tacharon ao PP de "irresponsables" por non acometer as obras previstas e solicitar un cambio no proxecto "a tres días de que remate o prazo".


A pretensión do PP chocou de fronte cos posicionamentos de AER, BNG e PSOE. O socialista Eduardo Reguera aseguraba que "o PP recibiu un plan consensuado e en marcha e non foron quen de sacalo adiante, presentando unha restruturación das partidas a tan só tres días de rematar o prazo. Acusaba ao alcalde Javier bas de apostar por "proxecto megalómanos" e renunciar a "actuacións imprescindibles".


NO mesmo sentido se manifestaba a nacionalistas Cecilia Pérez. Dende o BNG acusan ao PP de renunciar dende o primeiro momento a facer o Centro de día de Trasmañó tal e como estaba previsto no proxecto inicial polas pretensión do goberno local "de querer pasar a historia polas grandes infraestruturas". Insistía Pérz Orge que "en ningún caso aceptaremos no Bloque que eses cartos que deberían investirse nunha infraestrutura de carácter social se destinen a un gran complexo deportivo de A marisma no se que xa se van investir máis de dous millósn de euros"


O edil da agrupación de Electores, Alfonso Blanco asegurou que a súa formación "non vai apoiar a mala xestión do goberno" e pediu que o punto fose retirado da orde do día. Unha petición que os populares non atenderon.


Finalmente, logo de que a concelleira de Facenda Ana Alonso acusara a oposición de "regalar eses 400.000 euros a Europa" a petición do goberno local foi rexeitada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: