www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Antonio Ocampo Hermida: "Un tercio dos afectados de VIH están sen diagnosticar"
Sociedade • 12/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Corresponsable da unidade de VIH en Vigo, este doutor leva décadas traballando na prevención e tratamento de enfermos infectados de VIH. Lonxe quedan as mensaxes alarmistas e a condena social e médica que un diagnóstico positivo provocaba nos anos 80, malia todo advirte de que "algo está fallando cando no último ano se detectaron máis de 200 novos casos en Galicia". Non hai que baixar a garda e nese traballo de concienciar regresa a súa vila natal para impartir unha charla que se poderá escoltar mañá venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura.


Información, seguridade e control da infección VIH/SIDA é o título da charla que Antonio Ocampo impartirá mañá en Redondela organizada polas Xuventudes Socialistas. Unha interesante conferencia a cargo dunha das persoas que máis sabe desta enfermidade logo de décadas traballando no seu control como responsable da Unidade que funciona no Hospital Xeral en Vigo. Neste longo periplo profesional lembra que se pasou dunha alarma desmesurada nos 80 ata unha relaxación nas relacións sexuais sen protección que se traduce nun incremento dos novos contaxios.


Neste anos logrouse avances importantes en canto ás terapias "que permiten ter a enfermidade controlada nos pacientes xa diagnosticados" e tamén unha reducción notable nos casos de transmisión por vías adicción pero non na transmisión sexual.


Para atallar o incremento no número de pacientes trabállase na prevención e sobre todo, na detección de casos aínda non visibles. Nese sentido teñen en marcha un proxecto cos médicos de atención primaria encamiñado a detectar novos casos. Ademais dos test de VIH que solicitan os propios pacientes, os médicos manexan tamén marcadores que os leva a solicitar estes test.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: