www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

O PP non paralizará as obras na praia porque "a inclinación do muro é a permitida por Costas"
Política • 11/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O presidente do Consello parroquial, o edil Jesús Crespo explica que "a inclinación dos muros é a que a lei determina para este tipo de espazos" e que a actuación se está a realizar conforme o que establece Costas. Amosa a súa sorpresa ante a petición de paralizar a obra e anuncia que convocará novamente o Consello parroquial tal e como así o solicitaron tanto dende a asociación de Veciños de Cesantes como dende o PSOE para explicar novamente esta cuestión.


Crespo defende a obra que se está a realizar na praia de Cesantes por tratarse dunha actuación "moi demandada polos veciños" e que cumpre cos requisitos e os permisos de Costas. Asegura que dende o goberno local solicitaron que se lle dese ao muro a máxima inclinación posible e que é o organismo estatal o que determina esa cuestión dependendo do tipo de espazo no que se vai a acometer a obra. Amosa a súa sorpresa pola petición tanto da Asociación de veciños como por parte dos partidos políticos "xa que este tema foi debatido en dúas ocasións nos consellos parroquiais e foi o propio arquitecto da obra quen explicou cómo se faría o muro". Con todo asegura que non ten problema en convocar un novo consello parroquial extraordinario.


Unhas declaracións que o edil fai para defender unha obra que está a ser motivo de polémica logo de que tanto o colectivo veciñal como os partidos da oposicións criticasen tanto a escasa inclinación do muro como o propio material empregado, grandes bloques de granito que entenden non é o máis axeitado para o lugar.


"Entendemos a preocupacións dos veciños e lembramos que se trata dunha obra imprescindible xa que os muros existentes están a piques de caer e de non facerse esta obra igual chegado o verán había que precintar esa zona da praia", conclúe o edil.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: