Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

Xoguetes manipulados no espazo Mínima Expresión
Cultura • 10/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O poeta experimental José Carlos Velázquez explora o sentido crítico coa situación política e social na súa intervención que se poderá visitar ata o vindeiro 27 de marzo nesa galería tan particular que se atopa na fachada do bar Discotasca na rúa Pai Crespo.


"Juguetes la patraña" e o título da segunda intervención non espazo artístico Mínima Expresión. Trátase dunha instalación do poeta José Carlos Velázquez e LaCaNaLLa Extraoficial realizada en exclusiva para este lugar e na que se expoñen unha serie de xoguetes manipulados polo autor para darlles un sentido crítico.


Un xeito de "explorar a realidade e experimentar, dramatizar e ironizar coa situación política, amoral e asocial que padecemos" pero sempre con moito humor, segundo explica o seu autor. Precisamente o feito de esbozar un sorriso ao asomarse a esta pequena fiestra artística é o motivo que esgrime o autor para recomendar aos veciños a achegarse ao lugar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: