www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

AER critica que se pospuxese unha exposición do día da muller en favor da mostra do exército
Política • 9/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores critican que a exposición dedicada ás mulleres e á loita polos seus dereitos que estaba programada do 2 ao 31 de marzo se pospuxese para poñer a que actualmente ocupa as dúas salas do multiusos da Xunqueira e que leva pro título El Ejército del aire. Una visión histórica".


Explican dende AER que a exposición organizada pola Concellería de Servizos sociais e igualdade e que estaba encadrada dentro da celebración do día da Muller estaba previsto que se inaugurara o pasado día 2 de marzo pero que foi adiada para inaugurar outra mostra do Ministerio de defensa que "fomenta o militarismo e onde están representados varios golpistas, responsables directos e indirectos de milleiros de mortes".


Unha substitución que entenden non era "nin necesaria nin oportuna".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: