| www.radioredondela.com | Hoxe é Mércores, 8 de Setembro de 2010 |
|
O pleno debate o financiamento do futuro centro de deportes acuáticos de Chapela
Institucional • 26/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños Será mañá ás 20:30 horas na sesión ordinaria correspondente ao mes de xaneiro no que se inclúen outras cuestión de trámite como a denominación de varios camiños do concello ou a creación dunha praza de Policía. Os representantes políticos debaterán o financiamento da construcción do centro de deportes acuáticos de Chapela no pleno ordinario que se celebra mañá mércores ás 20:30 horas. A proposta do goberno local é investir nesta obra a totalidade do Plan E para este ano, cuxa contía ascende a 3'2 millóns de euros. Unha proposta que xa contou coas críticas dos populares quen no seu día xa fixeron público o seu desacordo por entender que na mesma parroquia había necesidades máis urxentes que a construcción dunha piscina. Na orde do día de mañá inclúense tamén outras cuestións de trámite como a denominación de varios camiños do concello, o recoñecemento extraxudicial de crédito ou a creación dunha praza de policía de medio Ambiente. |