www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Chíos, teatro sensorial para bebés no Multiusos
Cultura • 6/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A compañía Teatro da Semente presenta o domingo ás 18:00 horas un espectáculo teatral e musical dirixido á poboación infantil, e especialmente recomendado para nenos e nenas de 1 a 4 anos. Os máis pequenos aprenderán a descubrir o mundo a través dos sentidos, a transformación de obxectos, a gozar coa música e as palabras. O prezo da entrada é de 2 € para público infantil e 4 € para público adulto, e pódense mercar dende hoxe venres no multiúsos da Xunqueira.


A obra Chíos, a cargo da compañía de Teatro Semente son trinta minutos de poesía sensorial con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfactiva e táctil. Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.


Unha actividade enmarcada dentro do ciclo Teatro Cativo organizado pola Concellería de Cultura.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: