www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

As actrices María Villar e Uxía Blanco presentan en Redondela o documental "Yo decido"
Cultura • 5/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A proxección está organizada polo PSOE co gallo da celebración do Día da Muller. O documental "Yo decido, el tren de la libertad" pasarase este venres 6 de marzo ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira  O acto será presentado por Marta Villar e Uxía Blanco, representantes do Colectivo de Mulleres Cineastas.


O documental nace con motivo da viaxe feita por miles de persoas no ano 2014 a Madrid para manter a actual lei de prazos do Aborto e evitar a reforma que quería facer o Partido Popular. Máis de 80 cineastas uníronse neste documental colectivo que narra esta historia.


A concelleira do PSdeG PSOE de Redondela, Digna Rivas, indicou que "este documental é un bo exemplo para conmemorar o día da muller porque mostra a súa capacidade de decisión libremente sobre un tema esencial e tamén naceu froito do esforzo de ducias de mulleres comprometidas coa situación actual e co momento que se está a vivir".


Por outra banda a concelleira socialista critica que dende o goberno local non se teña organizado ningunha actividade para conmemorar esta data "os actos previstos non chegarán ata entrada a vindeira semana (13 de marzo), o que volve a mostrar a incapacidade da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Teresa Paris, e o seu escaso interese pola situación das mulleres e pouca capacidade de xestión, xa que non é capaz de conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) nunha data minimamente próxima a ese día".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: