Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

AER necesita recoller 500 sinaturas para concorrer ás eleccións municipais
Política • 5/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de electores atópase mergullada no proceso de selección do candidato e da lista que vai presentar aos vindeiros comicios electorais. Unha candidatura que dan por segura malia que previamente necesitan o aval de 500 persoas, que terán que asinar un documento tipo para tal fin xunto cunha copia do seu DNI. Este é un requisito imprescindible por ter elixido a forma xurídica de "agrupación de electores".


A formación conta xa cunha lista provisional elaborada en base aos opinións e os votos dos integrantes da formación quen "de xeito anónimo seleccionou a dez compañeiros aos que outorgou un valor numérico do 1 ao 10, segundo estimase procedente, pero sempre tendo claro que non é un proceso para crear líderes, senón para designar representantes da asemblea no pleno municipal".


Non será ata que cada unha das persoas que aparecen nesa lista dean a súa conformidade con formar parte da candidatura e tras pasar por asemblea, cando fagan pública a candidatura definitiva.


Como no anterior mandato, a representatividade durará dous anos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: