www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Exposición Galiciadixital en Arcade
Cultura • 26/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Ata o 31 de xaneiro pódese visitar no Multiusos de Arcade a Exposición Galiciadixital en horario de 10 a 14:00 e de 16-20:00 horas. Unha mostra na que o visitante pode interactuar con algún dos elementos expostos

 


A mostra itinerante Galiciadixital ten por obxecto achegar aos galegos de todas as idades o audiovisial e multimedia desenvolvido na comunidade. Na mostra fusiónase arte e tecnoloxía co fin de que os visitantes non sexan simples espectadores. Entre as diversas actividades e xogos que se realizarán destaca as "Cidades do Camiño" que permitirá aos usuarios un paseo virtual por diferentes zonas da ruta Xacobea.


Ademais co xogo  'Aerodeslizadores por Compostela' poderase coñecer a zona histórica da capital galega á vez que se compite con outros participantes nunha carreira virtual.


A exposición era inaugurada na mañá de hoxe polo alcalde da localidade, Agustín Reguera e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: