www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Os nacionalistas de Pazos denuncian o "reparto a dedo" dos empregos do plan da Deputación
Política • 4/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asemblea Nacinoalistas asegura que o Concello lonxe de atender aos requisitos que establece o organismo provincial para a contratación de persoas desempregadas que soliciten sumarse a este plal da Deputación concede 5 dos dez puntos posible a unha entrevista persoal "procedemento pouco transparente que se presta a valoracións subxectivas e discrecionais"


Explica o concelleiro Luciano Otero que o Plan da deputación está orientado a subvencionar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Unhas contratacións que deben facerse, segundo a convocatoria, atendendo a situación do candidato e dando preferencia aos que leven inscritos como demandantes de emprego máis dun ano, aos que non foran contratados polo Concello no ano 2015 e a aqueles que teñan cargas familiares.


Algo que aseguran non se está a cumprir en Pazos onde estes requisitos só permiten acadar 2,25 puntos dun total de 10,25, correspondendo 5 puntos a unha entrevista, procedemento pouco transparente que se presta a valoracións subxectivas e discrecionais.


Critican tamén "o escurantismo" co que se leva a cabo o proceso, xa que non se publicita na páxina web do concello "malia que se lle teña demandado en múltiples ocasións". Otero asegura que "a información que se dá é en "privado" a determinadas persoas, para vender como un favor político o que son dereitos".


Denuncia finalmente que dende o PP se estea a facer "un uso partidista e caciquil dos recursos e da administración pública, de xeito consciente e reiterado para buscar un beneficio político".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: