www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Detidos tres veciños de Redondela polo roubo de gasóleo en camións e nun centro educativo
Sucesos • 4/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Axentes da Policía Nacional detiveron a tres varóns de 24 e 33 anos de idades como responsables dos últimos roubos cometidos en Redondela. A banda sería a responsables tanto do roubos de máis de 500 litros de gasóleo nunha empresa de construcción como noutro roubo nun centro de acollida de menores que se producía nesta fin de semana.


Os primeiros feitos que se lle imputan tiveron lugar na madrugada do pasado 23 de febreiro cando unha testemuña avisou á policía logo de ver unha furgoneta con tres persoas no seu interior en actitude sospeitosa. Unha vez no lugar os axentes atoparon diferentes ferramentas empregadas no roubo de combustible e localizaron aos tres varóns que lograron fuxir. Logo de entrevistarse co propietario dos camións comprobouse que ademais de gasóleo roubaran baterías e outros efectos.


Días despois os axentes lograron identificar aos varóns, que contaban con diversos antecedentes policías previos. Mentres se pechaba esta investigación, produciuse un novo roubo, neste caso a un Centro de Acollida de menores a onde accederon logo de provocar diversos destrozos no edificio.


Os investigadores identificaron a dous varóns que coincidían cos autores do roubo de gasóleo anterior, polo que elaboraron un dispositivo para a detención conxunta de todos os membros da banda.


A primeira hora da mañá de onte procedíase á detención dos individuos e ao seu posterior traslado a dependencias policiais, onde se comprobou que todos eles tiñan antecedentes previos. Os detidos pasaron a disposición do Xulgado de instrucción número Un de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: