Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Coas matemáticas tamén se xoga
Cultura • 3/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Arranca esta tarde na Biblioteca de Soutomaior un obradoiro de matemáticas divertidas orientado a nenos e escolares con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Unha divertida e educativa actividade que pretende levar aos nenos de Primaria outra forma de ver e practicar as matemáticas. O taller comezará o 3 de marzo e prolongarase até o mes de xuño, cando finalice o ano escolar e está impartido por Ainhoa Sánchez.


Neste taller de matemáticas divertidas utilizaranse xogos didácticos e virtuais cos que, ademais de repasar as matemáticas, os pequenos adestrarán habilidades físicas e cognitivas como o recoñecemento numérico, a memoria visual e fotográfica, a concentración, a capacidade de atención ou a axilidade no cálculo mental entre moitas outras.


A actividade está coordinada pola licenciada en Psicoloxía Ainhoa Sánchez e desenvolverase os martes, mércores e xoves de 16:15 a 18:30 horas, dependendo do curso no que se atope o alumno. O taller é totalmente gratuíto e para inscribirse só é necesario solicitalo na Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade ou no teléfono 986 700 291. Terán preferencia para matricularse os alumnos empadroados no Concello de Soutomaior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: