www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

O BNG critica a reestruturación dos servizos sociais por "innecesaria"
Política • 3/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Para o Bloque a reestructuración de Servizos Sociais, que supuxo o trasladado de traballadores municipais, obedece "ao capricho do alcalde Javier Bas e non a unha necesidade obxectiva". Critican o feito e tamén o momento por non entender que estes cambios se acometan a tan só uns meses das eleccións. Demandan que se dote de máis persoal este departamento.


 


O voceiro do BNG, Xoán Carlos González entende que estes cambios son "o último episodio dun deterioro lento pero continuo dunha área que debe ser a das de maior eficiencia no Concello". Explican que os últimos cambios afectan á propia dinámica de traballo das profesionais da área xa que supuxeron "unha profunda reestructuración do organigrama de Servizos Sociais, que obedece máis á vontade da concelleira, consentida polo alcalde, que a unha necesidade obxectiva". Refírese en concreto ao cambio dunha traballadora social da Unidade de Redondela que se viu obrigada a pasar a Chapela.


Os cambios afectaron tamén ao persoal administrativo cunha  traballadora que levaba desenvolvendo funcións no departamento de Servizos Sociais nos últimos anos e que foi trasladada a Participación Cidadá, mentres que outra administrativa dos servizos xerais pasou para a Unidade de Chapela.


Finalmente dende o BNG reclaman que se dote de máis persoal este departamento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: