www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Afectados AP-9: "Non entrará unha máquina en Chapela ata que non se resolvan as expropiacións"
Sociedade • 2/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de afectados pola ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela non ocultan o seu malestar logo de que o pasado venres se colocara a primeira pedra que anuncia o inicio das obras. En todo momento manifestáronse en contra dunha obra que "non vai solucionar os problemas de tráfico na área metropolitana" e malia que non conseguiron o seu obxectivo último que era parar a obra anuncian que non van permitir que as máquinas comecen a traballar en Chapela ata que non se resolva "o problema das expropiación e das afeccións que afectan ás propiedades que quedan a menos de 100 metros da estrada"


Francisco Puch amosa o seu malestar porque se anuncie a inicio da ampliación cando aínda non está resolto o tema das expropiacións. Concretamente o portavoz da asociación de afectados fala dun edificio de catro andares e seis vivendas que están afectadas e a cuxos propietarios aínda non lles resolveron as alegacións presentadas.   Outro dos problemas que máis preocupa a asociación é a situación na que quedan as 400 vivendas que se atopan na liña de afeccións. "Lei de Carreteras marca una liña de afección de cen metros a cada lado do vial, cunha franxa de oito metros de dominio público e unha liña de servidume de 25 metros" explica Puch quen reclama que esta afección sexa corrixida.


Outra das queixas fai referencia á situación de incerteza que afecta ao colexio Igrexa "sabemos que hai acordos entre o concello e a Consellería para trasladar o centro educativo e que houbo reunións para informar aos afectados de que está en proceso de traslado pero entendemos que unha falta de seriedade por parte de Fomento que o problema non estea xa solucionado" conclúe Puch.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: