www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

A historia do exército do aire chega a Redondela
Institucional • 2/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Unha mostra no Multiusos da Xunqueira permite coñecer de xeito cronolóxico a historia militar aeronáutica do estado español dende os seus inicios no 1911 ata a actualidade. Paneis informativos e maquetas de gran tamaño permiten coñecer como foi a evolución da aviación militar da man do Ministerio de Defensa. A exposición pode visitarse ata o vindeiro 11 de marzo. A inauguración contou coa presenza do Xeneral de brigada do exército Aire Santos Senra Pérez (Redondela, 1952).


Unha mostra que se poderá visitar durante dez días e que forma parte dunha campaña itinerante organizada por Defensa o pasado ano co gallo da conmemoración do 75 aniversario do Exército do Aire. Con todo, a exposición que chega a Redondela faino en formato reducido e remóntase ao ano 1911, data dende a cal se fai un percorrido cronolóxico da historia militar con referencias tamén "á época dos grandes vos onde os aviadores españois conseguiron unir o territorio español coas colonias". Parada especial tamén na guerra Civil "con grandes pilotos en ambos bandos" segundo explicou Santos Senra.


Na mostra faise tamén un achegamento á actualidade "cunha forza aérea reducida pero moi moderna, altamente tecnificada e cun persoal moi cualificado e motivado" en palabras de Senra Pérez.


Na charla posterior o xeneral de brigada explicou o labor que desenvolve o Exército do Aire, tanto na defensa do espazo aéreo do territorio nacional como as misións humanitarias en países en conflito, así como outras accións como a loita contra os incendios forestais, salvamento marítimo ou evacuación de cidadáns españois en zonas conflitivas.


O edil de Cultura Julio Alonso, animaba aos veciños a achegarse a esta exposición.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: