www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

O Chapela viaxa á Guarda disposto a recortar distancias co líder
Deporte • 26/01/2010
Autor: Ana Prieto

O equipo redondelán é actualmente o segundo clasificado, a 7 puntos do cabeza de grupo, o Sporting Guardés. Despois da vitoria do pasado domingo, o Chapela é un dos claros favoritos para o ascenso.

 


Segunda Autonómica
Os de Luis Ferreira viaxan á Guarda coa moral ben alta, despois da vitoria sobre o Sárdoma por 4-2. O rival é, sen dúbida, moi duro, pero os chapeleiros sairán ó terreo de xogo para gañar o partido, non só para recortar distancias co líder, senón tamén para seguir mantendo distancias co terceiro da táboa.


Na Guarda os locais de seguro que sairán tamén a facer o seu mellor xogo e demostrar diante da súa afección por qué son líderes. Farano ademais coa inxección de moral que dá o feito de ter goleado no terreo do Xinzo.


E os de Redondela van dar a batalla. O equipo está moi reforzado este ano, conta con xogadores moi completos como Jesús, Adrián ou Rucho, e coa ventaxa de dispoñer de suficientes relevos no banco. Un cadro compensado que, segundo o presidente do club, José Luís Ballesteros, aspira a dar o salto á categoría de 1ª Autonómica.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: