www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

A rotura nunha tubaxe de auga provoca un "géiser" de 13 metros de altura en José Regojo
Sucesos • 27/02/2015
Autor: Ana Prieto

Os veciños do centro urbano de Redondela espertaron esta mañá coa espectacular imaxe dunha columna de auga na rúa José Regojo. Eran as 9.30 horas cando unha das tubaxes de abastecemento de auga rebentou, provocando un "géiser" cuxa altura chegaba ata o cuarto andar do edificio lindeiro.


Operarios de Aqualia, empresa concesionaria do subministro de auga, están xa traballando para reparar a avaría. As obras de reparación obrigan a cortar o subministro, polo que os veciños da zona estarán sen auga ata que a avaría se resolva.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: