www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

TilinTilonia, teatro para bebés no Multiusos
Cultura • 26/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos da Xunqueira acolle este domingo tres sesións do espectáculo Tilintilonia da compañía O baúl da tía Tola. Orientado a nenos de 6 meses a 3 anos de idade o prezo é de 2 euros cativos, 4 euros o público adulto. As actuacións serán as 17:00, 18:00 e 19:00 horas.


TilinTilonia é un espectáculo para os máis pequenos, nenos de idades comprendidas entre os seis meses de idade e os 3 anos, que busca estimular os sentidos a través das sensacións e as emocións. Pases cun máximo de 20 nenos para favorecer que os pequenos poidan participar nun espectáculo que as súas creadoras queren que sexa o máis interactivo posible para que os nenos descubran as texturas, as cores, os sons e os seres fantásticos que habitan o escenario.



Teatro, danza e monicreques son algúns dos elementos que exploran Anna Canadillas e Xoana Baz para interactuar cos pequenos que durante 20 minutos poderán gozar dun mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os sentidos.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: