www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

O PP insta a Sanidade a garantir os fármacos da hepatite C aos enfermos
Política • 26/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os populares presentarán no pleno de hoxe unha moción na que instan ao Ministerio de Sanidade que axilice as negociacións para que os novos tratamentos de última xeración contra a Hepatite C sexan incluídos no catálogo de terapias e medicamentos do sistema público a un prezo razoable e sexan accesibles canto antes para os enfermos.  Na mesma sesión abordarase tamén outra moción da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C que no anterior pleno presentara o PSOE e que non chegou a debaterse por falta de tempo.


Dende o PP solicitan tamén que a Consellería de Sanidade garanta o acceso dos enfermos tanto aos fármacos que xa están no mercado actualmente como a outros que no futuro poidan irse incorporando ao sistema de saúde. Entenden os populares que logo do compromiso do Minsiterio de sanidade para traballar na actualización da guía de priorización de pacientes e a introducir o uso dos novos tratatamentos como o fármaco Sofosbuvir, un anitiviral que abre un novo horizonte para os enfermos que padecen Hepatite C, é preciso que todas as administracións se unan para reclamar que goberno central e autonómico axilicen o compromiso de cara a solucionar a problemática xurdida nos últimos meses en torno ás dificultades de acceso aos novos medicamentos por parte de doentes afectados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: