www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Rei entende que a instalación dos talleres de Renfe en Redondela "da prestixio" ao concello
Institucional • 25/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde asegura que as tres obras máis importantes para o Concello a día de hoxe están xa en trámite: a estación ferroviaria de Os Eidos, a autovía A-59 e o traslado dos talleres da empresa ferroviaria a Redondela.


A estación de tren de Os Eidos, "que permitirá desprazarse de Vigo a Redondela en tan só cinco minutos e que podería ser unha realidade no 2015" segundo as estimación do alcalde, a polémica autovía A-59 que comunicará Vilaboa co aeroporto de Peinador e o traslado dos talleres de Renfe dende Vigo, son para Xaime Rei tres actuacións fundamentais que suporán un cambio cualitativo no municipio a curto ou medio prazo.


A adxudicación a pasada semana das obras de construcción dunha nave de 210 metros de lonxitude nos terreos da actual estación de Redondela para almacenar o material das obras do AVE e converterse no taller de todo o sur de Galicia é, segundo o rexedor "unha importantísima noticia porque da prestixio ao municipio e favorecerá o comercio e a hostalería local"


As obras adxudicadas polo Ministerio de Fomento a Unión Temporal de Empresas custarán case 11 millóns de euros. O proxecto inclúe a construcción dunha nave para almacenar o material das obras do AVE e tamén a mellora dos accesos á estación redondelá, co pavimentado da estrada e o aparcadoiro.


A nave acollerá oficinas, almacéns, comedores e aseos para os traballadores, ademais de espazo para o material técnico especializado para as obras ferroviarias. Isto suporá cambios na estación de Redondela e nos seus accesos. Modificarase a cabeceira do lado de Vigo para permitir o acceso dos trens  aos talleres e tamén a electrificación das novas vías.

Comentarios
Arsenio
Martes 26 de Xaneiro de 2010 ás 15:29 horas
Este Sr. , que non da unha, pretende, sacarlle o chollo a Rappel. Non ten credibilidade ningunha. Presume de levar 30 anos no poder, pero parece non darse conta que os demáis levan 30 anos aturandoo, que non nos creemos nada de pasarela acristalada polo vello viaducto, spa, ou casino, ponte e escola de élite na illa de San Simón, todo eso é máis están en trámite dende tempos que non se lembran. A realidade é que só son contos electoralistas de Jaime. Fai bombo, co traballo que levan acabo administracións ás que el no representa (e menos mal).

A se de ver en que queda o da A-59. Veremos senón acaba sendo unha autopista con peaxe!.

O comercio local ao que a Xaime pouco lle importa, que se vaia preparando para botar o peche. Aquí non para ninguén a mercar nen os redodneláns que non poden andar nin estacionar polas rúas da vila. En Vigo indennizan ao pequeno comercio polas molestias e perdas económicas polas obras de humanización. Pero en Rdondela, temos un comercio, local forte e competitivo. A verdade que somos un pobo do que sentirse orgulloso, se nos quedara orgullo. Se tiveramos orgullo, Xaime e Cía, hai tempo que non gobernarían



EL PESADO
Luns 25 de Xaneiro de 2010 ás 18:38 horas
OS TALLERE TENIAN QUE FACERCE NA TUA CASA XAIME NA PLAZA DA CONSTITUCIONS
O prestixitador
Luns 25 de Xaneiro de 2010 ás 16:39 horas
O prestixio quítase e ponse, o tren, unha vez quitado non o porá ninguén!!

[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: