www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Un balonmán de primeira
Deporte • 23/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Construcciones Castro Chapela afiánzase nos primeiros postos da categoría. Son segundos logo de vencer ao Ártabro nun encontro disputado no pavillón de Chapela e que rematou co resultado de 31-16. A SAR defende o seu quinto posto na clasificación logo dunha nova vitoria, neste caso partido disputado na bomboneria cun marcador final de 23-16.


Nada puideron facer os xogadores do Ártabro para parar ao Construcciones Chapela que ao descanso xa tiña resolto practicamente o partido cun claro 18-6. A segunda parte foi tamén para os locais ata chegar ao remate cun contundente 31-16 que os aupa ata o segundo posto da categoría aínda que moi lonxe do líder, o Cisne.


O granitos Ibéricos Carballal tampouco puido facer nada ante unha Sar superior que amosou o seu poderío no segundo tampo, xa que malia chegar ao descanso cun resultado moi igualado de 8-7, o marcador final foi claramente para os locais, vencendo a Sar Plastic Omnium por 23-16


A SAR volverá xogar na casa na vindeira semana e farao contra o Bueu mentres que o Chapela se despraza a casa dun dos últimos clasificados, o Culleredo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: