www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Concerto de Narf Trío no Multiusos da Xunqueira
Cultura • 20/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Regresan ás actividades ao auditorio do Multiusos da Xunqueira cun concerto enmarcado dentro do programa da Rede de Músicas Soltas a cargo de Narf Trío. Unha actuación que terá lugar este sábado ás 21:00 horas.  O prezo da entrada única é de 4 €, e pódense mercar dende hoxe no multiúsos da Xunqueira, e dúas horas antes o mesmo día do concerto.


A Rede de Músicas Soltas, organizada pola Concellaría de Cultura e mais a Central Folque, continúa este sábado co concerto de Narf Trío, que presentará unha nova visión sobre os poemas de Rosalía de Castro, na súa faciana máis rockeira, recollida no seu disco "Nas tardes escuras", que xa esgotou a súa primeira edición.


A formación en trío está integrada por Fran Pérez Narf, na voz e guitarras; LAR Legido, na batería; e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo.


O concerto, que se celebrará o sábado 21 de febreiro, ás 21.00 h, no auditorio da Xunqueira, é a oportunidade ideal para gozar da potencia de NARF TRIO logo dun intenso ano de concertos que nos descubrirá a forza do seu orixinal son.


O prezo da entrada única é de 4 €, e pódense mercar dende hoxe no multiúsos da Xunqueira, e dúas horas antes o mesmo día do concerto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: