www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Axudas ás confrarías de Redondela e Soutomaior
Institucional • 25/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

As achegas concedidas pola Deputación irán destinadas á reparación de edificios, execución de labores de vixilancia e compra de mobiliario para as instalacións dos pósitos

 


A comisión informativa de Pesca e Asuntos Mariños da Deputación de Pontevedra acordou resolver favorablemente o pasado 20 de xaneiro o reparto de axudas económicas ás confrarías, federación provincial e asociacións de confrarías da provincia para o ano 2010.


Entre as confrarías beneficiadas atopamos a de San Xoán de Redondela e a de Virxe do Carme de Soutomaior. No caso da confraría de pescadores de Redondela, con preto de 500 asociados,procederá á reparación dos seus edificios sociais e á adquisición de equipamento tanto para os inmobles da loxa como para execución das labores de vixilancia. A achega que recibirá a confraría de Arcade empregarase para a compra de mobiliario para os vestiarios de mariscadores a flote, dos que se beneficiarán preto de 200 usuarios


Tamén se beneficiarán destas subvención a Confraría de Pescadores Santa Tecla (A Guarda), as de San Francisco (Vigo), e a Federación provincial de confrarías de pescadores de Pontevedra que recibirán de mans da Deputación Provincial de Pontevedra unha axuda económica que ascende, en total, case ós 30.000 euros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: