www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Tres ilusionistas pechan o Búrbida Máxica
Cultura • 20/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un encontro que se ven desenvolvendo nas últimas semanas no Multiusos da Xunqueira e que chega hoxe ao seu remate coa actuación dos magos Sergio Sienes, Eloy Mateos e Román García. Unha actividade de balde o venres 20 ás 21:00 horas.


A programación do IV encontro Búrbida máxica chega hoxe ao seu remate con tres novas actuacións que se desenvolverán en paralelo no Multiusos da Xunqueira e no que poderán participar todos os que o desexen completamente de balde. Os espectáculos previstos achegarán número de micromaxia co vigués Sergio Sienes, un espectáculo de jazzmagic, no que música e maxia van da man a cargo de Eloy Mateos e por último a maxia de salón de Román García.


A entrada é de balde para todas as funcións e está orientada ao público en xeral, incluídos tamén os máis pequenos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: