www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

Rafael Quintía presenta Alicornio, un libro sobre o poder medicinal do corno de unicornio
Cultura • 18/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación Cultural Alén Nós e a Sociedade Galega de Antropoloxía, organizan a presentación do libro "Alicornio, a maxia do corno de unicornio e a súa pegada na medicina tradicional galega". Un acto aberto que terá lugar o xoves 19 ás 20:00 horas na Casa da Cultura.


O antropólogo Rafael Quintía, autor e presidente da Sociedade Galega de Antropoloxía, será o encargado de descubrir aos asistentes a antropoloxía galega que aínda está viva entre nós, con crenzas, ritos e obxectos. No seu libro titulado "Alicornio, a maxia do corno de unicornio e a súa pegada na medicina tradicional galega" o antropólogo pontevedrés  analiza este fenómeno da mitoloxía logo de 18 anos de investigación en toda Galicia.


Unha charla presentada por Xosé Couñago, de Alén Nós.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: