Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Lume e festa nun Entroido multitudinario que o sábado celebra en Chapela o enterro do Berete
Sociedade • 18/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O tempo acompañou e ninguén quixo perderse a celebración que na xornada de onte se vivía na rúa. Dende o mediodía xa se podían ver ducias de persoas, grupos que foron en aumento durante toda a tarde ata ateigar as rúas e prazas do centro da vila. Unha festa que continuará en Chapela o sábado co Enterro do berete no que participarán mil persoas e dez comparsas.


Actividades para os nenos e moita festa para os maiores que viviron o seu punto álxido coa queima do meco, que nesta ocasión era unha man aberta contra a violencia de xénero. Un espectáculo a cargo da compañía Troula con malabares, zancudos, lume e fogos de artificio.


Houbo tamén premios para os mellores disfraces. Así na categoría de grupo o primeiro premio foi para o grupo Capitán América e o segundo para os Exipcios. Unha parella de cabaliños de mar e outra de momias fixéronse cos premios nesta categoría, mentres que en individuais o xurado premiou a unha moza disfrazada de Maléfica e a unha Píntega. Unha festa que se prolongou ata a madrugada e que aínda ten citas pendentes para a ifn de semana


Nesta edición a concellería de festas quere apostar pola inclusión neste programa do tamén xa tradicional enterro do Berete e faino traballando conxuntamente con quen foi durante os últimos 20 anos o responsable desta actividade Manuel Rodríguez, quen agradecía a implicación do concello e aseguraba que de non ser por esta colaboración "o enterro do berete este ano non se tería organizado".


Unhas actividades que terán lugar na tarde do sábado e que contará coa presenza de dez comparsas con máis de mil persoas que participaran dun desfile que percorrerá o centro da parroquia. Unha comitiva fúnebre que partirá dende o Alto da Encarnación a partir das 19:00 horas e percorrerá a Avenida de Vigo ata chegar a praia de Arealonga. A concellería de Festas, Herminia Quelle explicou que para garantir a seguridade cortarase o tráfico na parroquia mentres dure o desfile, trasladándose os vehículos pola zona alta da parroquia.


Unha vez o desfile chegue á Arealonga haberá unha "invasión pirata", un espectáculo animado polo grupo de percusión Trópico de Grelos, e a continuación procederase á incineración do Berete. A festa rematará con verbena amenizada pola orquestra Gran Parada.


O alcalde de Redondela, Javier Bas, anima os veciños a sumarse tamén a estas celebracións cunha gran tradición na parroquia "o Entroido en Redondela quedaba coxo e queremos completalo con este enterro do Berete converténdoo ademais en referente para os veciños do concello e da comarca.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: