www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Decembro de 2018

O BNG critica que se retomen as actividades no Multiusos cando aínda non está en condicións
Política • 17/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O auditorio da Xunqueira pechaba as súas portas meses atras logo de que as obras da cuberta do edificio provocara filtracións importantes que impedían o desenvolvemento de actividades culturais. Unha programación que regresa este mesmo sábado a ese espazo cun concerto enmarcado dentro da Rede de Músicas Soltas. Dende o BNG aseguran que o auditorio non están aínda "en condicións óptimas para celebrar actos culturais". Responsabilizan ao goberno local da situación por "atrasar o arranxo do edificio co único obxectivo de chegar a campaña electoral con obras a estrear".


O concelleiro nacionalista Xoán Carlos González afirma que "o goberno municipal puxo en marcha unha estratexia de atrasar as obras o máximo posible, para chegar á campaña electoral das municipais con obras a estrear. Esta dinámica, levounos a que as obras de renovación da cuberta do Multiusos de A Xunqueira, se fixera no peor dos momentos "en pleno outono época de choivas".


Engade o edil que a programación cultural está sufrindo os efectos destas decisións políticas, xa que houbo que trasladar varios espectáculos a outros lugares que "non cumprían as condicións mínimas de calidade para o nivel dos eventos". Asegura ademais que estas decisión supoñen un sobrecuste para o concello xa que hai que pagar á empresa encargada do son.


Conclúe o edil afirmando que malia que esta fin de semana se retoman as actividades no multiusos "puidemos comprobar que o auditorio non está aínda en condicións óptimas para celebraren actos culturais".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: