www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

Os alumnos dos grupos municipais de teatro danse de baixa por discrepancias co concello
Cultura • 16/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os 70 alumnos dos grupos de dinamización teatral que dende hai anos viñan funcionando nas parroquias de Ventosela, Reboreda, Saxamonde e Chapela presentaron na mañá de hoxe no rexistro do concello un escrito "dando por concluída a súa participación en ditos obradoiros". O motivo é, segundo denuncian, a falta de entendemento coa responsables política da actividade, Teresa París e as taxas que se lles impoñen (11euros mensuais) cantidade que podería incrementarse "xa que as taxas dependen do número de alumnos inscritos".


Os participantes dos grupos de teatro cualifican de lamentable que dende o concello se deixe morrer unha actividade que viña desenvolvéndose dende hai dez anos e na que actualmente estaban a participar máis de 70 persoas, entre nenos e adultos.


Entenden que dende a Concellería de Servizos Sociais, departamento que asumiu a actividade no inicio deste mandato, había un "desinterese total por fomentar a actividade" e poñen como exemplo a "incerteza sobre o inicio das clases e da cantidade a pagar respecto doutros anos así como a falta de promoción en medios de comunicación sobre a actividade"


O último paso dado dende o concello e que os leva a tomar a decisión unánime de abandonar a actividade foi a chegada dunha "carta de pagamento" na que se lles reclama o pago das clases.


Son conscientes de que segundo o aprobado no pleno os usuarios teñen que pagar dito obradoiro pero amósanse críticos polo feito de que se lles reclama o financiamento do 100% dunha actividade que anteriormente era financiada grazas ás subvencións chegadas dende a Deputación e as achegas do propio concello.


Finalmente pregúntanse porque é unha actividade municipal "cando o concello non colabora en ningunha medida no seu desenvolvemento".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: