Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Gafas en 3D, complemento indispensable no Redondela en curto
Cultura • 10/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O festival, que se vai desenvolver entre o 23 e o 26 de abril, celebra a súa décimo primeira edición na que presentarán como novidade e fóra de concurso un pase de curtametraxes en tres dimensións. Un programa no que se inclúe  tamén a presentación da longametraxe en torno á vida do pintor e restaurador redondelán Angel Barros dirixida por Fernando Carreira Cuchi. O prazo de presentación de traballos para participar no festival remata o 20 de febreiro. Os organizadores contan con superar as 700 curtametraxes que optarán a un único premio outorgado polo público dotado con 1.500 euros.


A falta de que remate o prazo de presentación de traballos hai xa máis de cincocentas curtametraxes "na súa maior parte dramas" segundo explica o director Fernando Carreira Cuchi, quen engade que xa están visionando os traballos para reducir o groso do material recibido a tan só as 16 curtametraxes que entrarán a concurso.


Un festival que incluirá a presentación dunha longametraxe documental na que se fai un percorrido pola vida e obra do pintor e restaurador redondelán Angel Barros, un home que logo de emigrar na posguerra chega a traballar como restaurador no museo do Louvre.


Non é esta a única novidade, xa que ademais da sección oficial a concurso, este ano ábrese tamén unha sección complementaria coa proxección das mellores curtametraxes en tres dimensións que se están a ver noutros festivais.


Os que queiran participar na sección oficial terán que presentar curtametraxes que oscilen entre os 4 e os 30 minutos, só se aceptarán os xéneros de ficción que foran  producidas despois do 1 de xaneiro de 2013. O prazo de presentación de traballos remata o 20 de febreiro. As bases pódense consultar na páxina web do festival www.redondelaencurto.com


 


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: