www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Silva rescata un punto para o Choco ante o Boiro
Deporte • 9/02/2015
Autor: Ana Prieto

O Choco conseguiu sacar un empate, a pesar de terminar o partido cun xogador menos. David Añón conseguiu adiantar ao Boiro nos primeiros minutos, mentres que Silva empatou para os redondeláns antes do descanso, e Fernando terminou expulsado.


Terceira División


Choco 1- 1 Boiro


Empezou moi mal o partido para o Choco, que ao dez minutos xa perdía por 0-1, tras aproveitar Añón un gran centro de Armental. Xerou dúbida o gol porque o auxiliar levantou o banderín sinalando man do dianteiro, pero foi o árbitro principal quen deu por válido o gol. Aos poucos foi dominando o Choco e o Boiro tentou manter a vantaxe no marcador. Neste dominio dos de Jacobo Montes, Fernando ponlle un balón a Silva e este remata de cabeza, batendo á portaría defendida por Lorenzo. Na segunda parte, ambos os equipos tiveron chegadas con certo perigo, pero que non se convertían en ocasións claras. Puido cambiar o partido, cando a falta dun cuarto de hora para o final, Fernando é expulsado por dobre amoestación, pero os redondeláns souberon aguantar o tipo e impediron que o Boiro se aproveitara da circunstancia. O partido terminou en empate. Un resultado co que o Choco baixa á sétima posición da táboa. Na próxima xornada xogan no campo do Laracha, situado na metade baixa da táboa.


CD Choco: Cortegoso, Iago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminati, Fernando, Gonza (Piñeiro, min 80), Xosé Ramón, Hugo (Muíños, min 78), Róber (Félix, min 69), Silva.


CD Boiro: Lorenzo, Paco, Suso, Cardeñosa, Carlos, Yuste, David Añón, Pillado, Adrián Quintairos (Kevin, min 72), Armental, Carlos Padín (Gabi, min 65).


Goles: 0-1 David Añón, min. 9; 1-1 Silva, min. 38.


Árbitro: Óscar López auxiliado por Diego Lolo e Anxo Acuña. Amoestou a Suso, Carlos, Yuste e Pillado. Expulsado Fernando por dobre amoestación (min. 75) por parte do Choco.


Incidencias: Partido disputado en Santa Mariña.


Segunda Autonómica



Choco B 3-2 Apóstol


O filial do Choco superou ao Apóstol e mantén a 3ª praza do grupo. Na próxima xornada xogan no campo do Vincios, da metade da táboa.


Arcade 3-2 Moraña


O Arcade é 14 logo de impoñerse ao pechacancelas, o Moraña. Na próxima xornada cogan no terro do C. Pontevedra, que suma un punto máis que os de Soutomaior.


Terceira Autonómica



Cesantes 0-1 San Andrés


O Cesantes cae á metade baixa da táboa logo de perder pola mínima co S. Andrés. O domingo xogarán no campo do Marcón B, situado un posto por baixo dos redondeláns.


Beretes Chapela 2-1 Moledo


O Peña Beretes é 8º logo de impoñerse ao Moledo. Na próxima xornada xogan no campo do Coia, que está un posto por baixo deles.


Miño 2-1 Chapela


O Chapela é 3º logo de perder co Miño, que agora é 2º. O domingo volverán a ter un encontro complicado xa que reciben ao Nieto, lider intratable do grupo.


Rubios 1-0 Vilar


O Vilar non puido co Rubios, e perdeu pola mínima o encontro. Os redondeláns ocupan o 5º posto do grupo, e a próxima fin de semana reciben ao Caselas B, que é 6º.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: