Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Estudar unha carreira triplica o seu prezo coas reformas educativas segundo ARDE
Sociedade • 6/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asemblea Redondelá de Estudantes (ARDE) asegura que a implantación do decreto 3+2 que pretende o Ministerio suporá excluír do ensino universitario a moitos mozos que non poderán facer fronte ao incremento económico que conleva esta nova reforma educativa. Hoxe venres celebran unha reunión informativa abertas ás 18:30 horas no salón de actos do IES pedro Floriani.


Unha asemblea convocada por ARDE para informar da folga educativa convocada para o vindeiro 26 de febreiro por todas as asambleas de estudantes de Galicia. Unha mobilización que ten por obxecto frear o real decreto aprobado polo goberno que permite ás universidades ofrecer graos de tres anos -actualmente de catro- e másteres de dous anos- actualmente de un. Unha modificación nas titulacións universitarias que segundo os convocantes incrementará notablemente o prezo das titulacións, xa que un curso de master é notablemente máis caro que un de grao.


Rexeitan o argumento do goberno, que fala de que o estudante poderá contar cunha titulación en tan só tres anos abaratando así os seus desembolsos "xa que os masters son  imprescindibles para adquirir a formación que requiren os postos de alta cualificación".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: