www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Arredor de Ana Frank, primeira actividade da Asociación Amigos das bibliotecas
Cultura • 6/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela pon en marcha a súa primeira actividade que xira en torno á conmemoración do 70 aniversario da morte de Ana Frank que tivo lugar no mes de  marzo de 1945 no campo de Bergen-Belsen, pouco antes de que éste fose liberado. Para participar só hai que inscribirse no enderezo amigosbibliotecasredondela@gmail.com e achegarse o día 6 de marzo ás 20:30 horas á Casa da Cultura para intercambiar pareceres sobre o libro El diario de Ana Frank.


"Arredor de Ana Frank" é o slogan que define esta actividade, aberta a todos os públicos previa inscrición, e na cal se debaterá, logo da lectura do mesmo, sobre o diario escrito pola moza ao longo de dous anos de cativerio xunto a súa familia antes de ser arrestada.


Para participar nesta iniciativa, que terá lugar o 6 de marzo na Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa) ás 20:30 h.. Os interesados poderán apuntarse enviando un correo electrónico a amigosbibliotecasredondela@gmail.com . O único requisito é estar interesado en intercambiar pareceres sobre o título elixido.


O debate contará coa dirección do coordinador dos clubs de lectura e a actividade organízase en colaboración coas bibliotecas municipais e a Fundación Filomena Rivero Alonso,


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: