Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

O Concello de Pazos convoca un curso de manexo de carretillas elevadoras
Sociedade • 5/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O ciclo ten un custo de 60 euros e ten como obxectivo a mellora das capacitacións profesionais dos asistentes que deban ser maiores de 16 anos. Trátase dun dos ciclos formativos máis demandados na comarca xa que esta acreditación é necesaria para traballar en empresas da construción ou para xestionar todo tipo de almacéns.


Ademais dos procedementos básicos para acender ou apagar a carretilla elevadora, o temario a estudar inclúe toda unha serie de medidas de seguridade a observar á hora de apilar convenientemente a carga e circular por instalacións fabrís ao realizar este perigoso e preciso traballo.


As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro do Concello de Pazos de Borbén tendo preferencia os solicitantes que estean empadroados no municipio. Tanto o horario como o lugar das clases determinaranse despois de pechar o prazo de inscrición para facilitar a asistencia de todos os participantes.


Os interesados en recibir máis información ou formalizar a inscrición deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: