www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

Unha neveira como galería de arte
Cultura • 4/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Este curioso e reducido espazo situado na fachada do bar Discotasca na rúa Pai Crespo de Redondela amosa xa a súa primeira creación artística, a obra "Traballar no arame" de Mass Fuentes. O colectivo Pitrina está detrás desta orixinal proposta que busca espertar o interese de artistas e espectadores. As súas propostas irán cambiando mensualmente e pretenden achegarse a diferentes disciplinas.


O Colectivo Pitrina, do que forman parte Fon Decón, Pablo Giraldez "O Pastor" e Gerardo "Mass" Fuentes está detrás desta curiosa iniciativa: un novo espazo artístico de tamaño reducido "seguramente o máis pequeno do mundo" para achegar a arte ao público en xeral.


Esta pequena galería de arte chámase "Mínima expresión" e ocupa o interior dunha neveira dos anos 70 rehabilitada e instalada na fachada do bar Discotasca. Un espazo expositivo de tamaño reducido que está a disposición de artistas de todas as disciplinas e que pretende achegar a arte a todo tipo de público, dun xeito divertido e didáctico. As súas propostas exhibiranse durante un mes e, a finais de ano, editarase unha publicación con todos os proxectos presentados.


A primeira mostra poderase ver durante todo o mes de febreiro e leva por título "Traballar no arame" unha obra que segundo o seu autor "convida á reflexión e que plasma, dun xeito moi gráfico, o estado da arte".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: