www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O BNG levará ao Parlamento os reiterados cortes no subministro eléctrico en Redondela
Sociedade • 4/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O últimos dos cortes detectados afectou na noite de onte aos veciños de Os Eidos quen, segundo denuncian dende o Bloque, estiveron a escuras durante unha hora.  Parte de Quintela, Saxamonde, Cedeira, Negros e Cabeiro careceron deste servizo na madrugada do sábado,. Unha situación que os nacionalistas consideran intolerable, máis nesta época de inverno. Anuncian que levarán esta situación ao parlamento galego ante a pasividade que ao seu entender amosa o goberno local.


Xoán Carlos González considera que "Javier Bas non está defendendo nin os intereses do concello nin os dereitos dos veciños e veciñas". Xa non son só as parroquias do entorno do Val do Maceiras as afectadas polos cortes no subministro eléctrico que nas últimas horas deixaba tamén a escuras "unha zona tan densamente poboada como a dos Eidos". Lembra o concelleiro do Bloque que xa en novembro este barrio sufrira un apagón importante e que se repetía pro espazo dunha hora na noite deste martes "unha nova mostra de que Fenosa non está cumprindo coa súa parte do contrato, que é a de dar un servizo de garantía tanto a veciños e veciñas como ao concello".


Unha situación que na madrugada do sábado afectaba ao entorno do Val do Maceiras con cortes en parte de Quintela, Saxamonde, Cedeira, Negros, Cabeiro"


Dende o BNG critican ao goberno local "pro non mover nin ún so dedo para defender aos seus veciños ante a empresa eléctrica" motivo polo que anima aos afectados a constituírense como colectivo e reclamar os seus dereitos xa que "a lexislación recolle o dereito a reclamar por estes cortes, podendo recuperar ata o 10% do facturado"


O BNG comprométese a prestar asesoramento aos afectados e anuncia que van levar esta problemática ao Parlamento Galego.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: