www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

A Federación de veciños reclama que se permita a asistencia de público aos consellos parroquiais
Política • 3/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Solicitan ao goberno local que es proceda a revisar a normativa que actualmente regula o funcionamento dos Consellos parroquiais, xa que ao seu entender a día de hoxe carecen de garantías democráticas. Lembran que hai un ano o pleno do concello aprobou a revisión e modificación destes consellos participativos sen que ata o de agora se tiveran dado pasos neses sentido.


A Federación de Asociacións de Veciños denuncia que o goberno local fomenta a exclusión dos veciños destes órganos. Entenden que o impedimento para que acuda público ás súas reunións é unha mostra máis das eivas que veñen detectado nos Consellos Parroquiais "froito do descoñecemento, da inconsciencia de partidos políticos e o interese do Goberno Municipal por entorpecer a participación dos veciños".


Insisten na necesidade de proceder a modificar o regulamento destes órganos participativos tal e como así se aprobara en pleno no mes de febreiro do pasado ano.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: