www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019

Redondela promove en Fitur o camiño portugués pola Costa
Cultura • 21/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Concelleiro de Cultura Eduardo Reguera xunto con representantes dos concellos polos que discorre a ruta xacobea pola costa dende A Guarda a Redondela, presentarán mañá na feira de turismo de Madrid este trazado como alternativa a outros camiños máis coñecidos pero que contan coa desvantaxe de estar saturados.

 


O edil de cultural de Redondela xunto a alcaldes e concelleiros de Vigo, Baiona, Nigrán, Oia e A Guarda presentarán na mañá do venres en Fitur as excelencias do Camiño Portugués pola costa, un percorrido de 82 quilómetros de lonxitude dende A Guarda a Redondela que conta cun importante atractivo paisaxísticos ademais de cultural.


Un trazado pola costa que ven ser unha variante do camiño luso tradicional e que enlaza na fronteira co sendeiro seguido polos peregrinos portugueses que  se dirixían cara Santiago de Compostela a través dalgunha das vías que discorrían no eixo Lisboa-Coímbra-Oporto e entraban en Galicia cruzando o río Miño.


As seguintes etapas son A Guarda-Oia, Oia-Baiona, Baiona-Nigrán, Nigrán-Vigo e Vigo-Redondela, localidade onde este sendeiro enlaza co tradicional Camiño Portugués ata Santiago.


A presentación mañá en Fitur ven a ser o acto de divulgación máis mediático de cantos se veñen realizando nos últimos meses e que esperan conseguir que este trazo adquira relevancia neste ano Xacobeo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: