Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

O RedondelaFS non pode co Luar
Deporte • 2/02/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo de Julio Mougán non foi quen de pasar do empate na súa visita ao campo do Cafetería Luar. O propio adestrador recoñece "dous erros moi graves que impediron conseguir a vitoria en Ponteareas". Na vindeira semana hai derbi, xa que reciben na bomboneira ao Campito. Na Autonómica Norte o Arealonga perdía ante o líder, o J. Pombo por 1-5.


Malia mandar no xogo nos primeiros vinte minutos de partido, os xogadores do Redondela FS non lograban acertar na portería rival, chegándose ao descanso cun empate a un tanto no marcador.


Na segunda metade, unha boa acción de Aitor subía o 2-1, e nunha acción desafortunada Jorge introducía o balón na súa portería, poñendo un preocupante 3-1. Cando peor estaban as cousas os de Redondela foron quen de darlle a volta ao marcador e poñerse por primeira vez por diante no encontro, ata que novamente os locais conseguían o definitivo 4-4.


O resultado deixa nos redondeláns moi mal sabor de boca, un equipo que deberá enfrontarse na vindeira semana ao outro equipo local na categoría, o Campito. Polo tanto derbi na vindeira semana, nun encontro que se disputará na bomboneira o sábado 7 de febreiro.


Na autonómica norte difícil o tiñan os do Arealonga, malia xogar na casa recibían ao lider, o J.Pombo. Un equipo que amosou a súa superioridade nun encontro que rematou co resultado de 1-5. Os de Chapela son sextos e xogan na vindeira semana no campo dos novenos, o Ventorrillo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: