www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

Un estudio de arquitectura catalán redactará o Plan Xeral de Redondela
Política • 30/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O pleno do Concello aprobou onte por unanimidade a contratación do estudio Jornet Llop Pastor por un importe de 475.000 euros para elaborar un documento urbanístico fundamental para o desenvolvemento do Concello. Esta estudio foi o elixido entre un total de 12 candidatos logo de obter a máxima puntuación. Deberá presentar o documento urbanístico antes de catro anos.


A redacción do PXOM servirá para cubrir unha carencia fundamental, xa que Redondela, logo de varios intentos  infructuosos por aprobar un Plan Urbanístico segue a rexerse por unha obsoletas Normas Subsidiarias que datan do ano 1988.  Así o salientaba o edil de urbanismo Arturo González na súa intervención. Ademais de achegar os datos fundamentais da adxudicación insistía en que "Redondela necesita un PXOM acorde cos tempos que vivimos e que dea forma no futuro ao noso concello".


A propostas contou co apoio de todos os grupos da oposición quen non deixaron pasar a oportunidade de lembrarlle ao goberno local que a adxudicación chega a tan só uns meses de que o PP remate o mandato. Luís Orge dende o PSOE criticou aos populares a súa "falta de capacidade para reunirse cos veciños e coñecer a súa opinión sobre o urbanismo que queren para Redondela". Lembrou que aínda faltan anos para aprobar o plan pero aplaudiu a solvencia do equipo redactor elixido "gracias en gran medida a que foron moitos os arquitectos que antes se dedicaban ao ladrillo e que agora volven a demandar este tipo de traballos para os concellos".


A nacionalista Cecilia Pérez insistía en que será a vindeira corporación a que teña que enfrontarse a "un traballo ímprobo" para sacar adiante o proxecto que agora se redacte.


Pola súa banda, dende a Agrupación de Electores,  Alfonso Blanco tamén deu o seu voto a favor por entender que se trata "dunha actuación imprescindible que xa leva moito atraso" e amosou a súa preocupación polas afección que padece o noso concello: AVE, autoestradas, Costas... e que xa provocaron que algún intento anterior por sacar adiante o PXOM non chegara a bo porto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: