www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 27 de Maio de 2019

O luns remata o prazo para o pagamento do lixo, vaos, taxis e postos da feira
Institucional • 21/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O vindeiro 25 de xaneiro finaliza o prazo para o pagamento dos recibos das Taxas  pola  recollida do lixo, entrada de vehículos (vaos), reserva da vía pública (taxis) e postos da feira correspondente o ano 2009.


Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio os recibos necesarios para realizar o pago nas entidades colaboradoras Caixanova ou Caixagalicia, deberán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, na Rúa Ernestina Otero 35 baixo, antes do 25 de xaneiro ( horario de  atención ó público de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas).


Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía  executiva con sobrerecargas de prema regulamentarios.

Comentarios
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Xoves 21 de Xaneiro de 2010 ás 23:58 horas
A suba da taxa do lixo para este ano 2.009, foi do 5´18 % sobre a taxa do 2.008, que pagamos @s redodeláns obrigatoriamente e baixo ameaza de recargo de apremio. Entre os veciñ@s e pagadores estamos os traballadores do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, que xa cumprimos pagando a taxa e o incremento do 2.009. A empresa concesionaria do Servizo de Recollida do Lixo, polo contrario non chega a cumprir o Prego de Condicións, nin o convenio colectivo, e non está disposta a incrementarb o salario dos seus traballadores máis aló do 0´8 % para o 2.009, escudandose na crise, e logo de serlle adxudicado un contrato de 20 anos, nun proceso de adxudicación donde o Concello de Redondela, excluiu á participación cidadá, e aos representantes veciñais e dos traballadores (como fai con todas as adxudicacións de servizos públicos e suba de taxas), readxudicando un servizo a unha empresa manifestamente incumpridora e conflictiva. As empresas concesionarias dos servizos privatizados, inclunplen e o concello, non realiza a súa labor de vixilancia, é maís entorpece a labor dos representantes veciñais e sindicais, por exemplo, negandolle a información.

Víctor Manuel Fuentes Viaño
Representante d@s Trabalaldor@s
Servizo de Recollida do Lixo de Redondela
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: