Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

A Fundación Filomena Rivero propón dedicarlle unha rúa a Rita Otero
Política • 23/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de ser nomeada Persoeira do ano 2014, esta fundación propón que se lle dedique á que fora esposa do industrial José Regojo un espazo público que estaría ubicado no treito da rúa Padre Sarmiento, fronte ao Pazo de Petán. A proposta, debatida na comisión de interior, conta co aval tanto do goberno municipal como do PSOE, mentres que o BNG amosou a súa oposición por entender que "non existen argumentos de peso para adicarlle un espazo público a Rita Otero".


Na convocatoria da Comisión de interior celebrada onte recollíase, como un dos puntos da orde do día, o estudio da proposta presentada pola Fundación Filomena Rivero, para adicarlle un "espazo público" a Rita Otero. Solicitábase o treito da rúa Padre Sarmiento, fronte ao Pazo de Petán, para cambiar esta denominación.


Segundo explican dende o BNG "a proposta conta co aval tanto do goberno municipal, como do grupo socialista, AER anunciou que estudiaría a proposta" mentres que o BNG a través do seu representante na comisión Xoán Carlos González, anunciou o rexeitamento do seu grupo a unha proposta que consideran "de dubidosa oportunidade". O BNG xa amosara a súa disconformidade coa decisión de dedicarse o ano 2014 a Rita Otero ao non considerar que existiran méritos suficientemente acreditados para apoiala e entenden que as propostas deste tipo deben contar cun consenso de todas as forzas sociais e políticas, ademais de argumentos suficientemente contrastados para avalalas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: