www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

O grupo de teatro Alecrín de Ribadumia presenta en Chapela a obra "Un Bulto negro"
Cultura • 23/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Unha actividade que forma parte do ciclo de teatro que organiza a Asociación Cultural da parroquia e que presentará durante tres sábados consecutivos diferentes propostas escénicas que se poderán ver os sábados 24, 31 e 7 de febreiro no Multiusos do Piñeiral do Crego ás 20:00 horas.


Por terceiro ano celébrase en Chapela este ciclo de teatro afeccionado que arrancou a mediados de mes cunha proposta para o público infantil. Logo do éxito de público desa primeira actuación, esperan agora repetir cunha proposta que chega dende Ribadumia. A compañía de teatro Alecrín porá en escena este sábado ás 20:00 horas a obra "Un bulto Negro.


A seguinte compañía en subirse ao escenario é o grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior. Un dos seus actores, Santiago Darroza é tamén o organizador do ciclo.


O ciclo pecharase o 7 de febreiro co grupo do Centro Cultural de SanFins de Rebordáns quen porán en escena o título "Compravenda".


A entrada para todos os pases será de balde, con venda de rifas para un sorteo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: