www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O PSOE critica o investimento de 3000 euros en mandís
Política • 22/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A agrupación socialista critica que dende a concellería da muller se gastasen 3.000 euros en mandís "mentres ten que devolver subvencións concedidas pola Xunta para facer un taller de igualdade nos centros escolares". A socialista Digna Rivas entende que o investimento foi un "despilfarro" e cualifica de "notablemente desacertadas" as políticas do PP local en materia de igualdade.


A iniciativa da Concellería da Muller de investir 3.000 euros para o reparto de mandís de forma gratuíta entre os veciños é entendida polo PSOE como un "despilfarro". A concelleira socialista Digna Rivas asegura que o goberno de Javier Bas non ten capacidade para realizar actividades ou programas ós que destinar o orzamento da concellería e, a última hora, decidiu encargar os mandís e repartilos de xeito gratuíto, como se os cartos non saíran dos propios redondeláns".


A esta situación engaden que o pasado 4 de decembro ó concello tivo que devolver á Xunta unha subvención xa concedida en materia de igualdade para a organización dun "taller de igualdade nos centros educativos de Redondela". Unha situación que Rivas cualifica de "insólita e incomprensible, primeiro pídese unha subvención para facer un taller de igualdade en centros educativos, renunciase a esta actividade" Conclúe a edil que no PP "preferiron a foto dos 3.000 euros, pero renunciaron a unha actividade que si é efectiva en materia de igualdade e que, ademais, non custaría nada ós fondo municipais".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: