Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

Europa acepta excluír o xeito da prohibición que afecta ás redes de deriva
Política • 22/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Unha decisión adoptada pola Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo e que supón un primeiro paso para excluír esta arte tradicional galega da prohibición que afecta ás redes de deriva. Unha decisión que non é vinculante pero que si será tida en conta pola Comisión de Pesca que ten a última palabra e que se posicionará de forma definitiva a finais de marzo.

 


A Comisión de Medio Ambiente aprobou onte con 51 votos a favor, once en contra e dúas abstencións un documento non que se inclúe unha emenda na que se solicita a exclusión do xeito da prohibición que afecta ás redes de deriva. Tal e como destacou a representante do Bloque en Europa, Ana Miranda, foron aceptadas tres das emendas presentadas polo BNG nos compromisos feitos entre todos os grupos, nas que se solicitaba que "os buques que se dedican á pesca con redes de pequena escala que non sexan daniñas para as especies protexidas, como a arte menor do xeito, poderán continuar faenando nas augas europeas".


Foi precisamente Miranda quen liderou a delegación do xeito que o pasado decembro viaxou a Bruxelas para lle explicar de primeira man ás autoridades europeas a realidade do sector. A nacionalista adiantaba recentemente en Redondela que a Unión Europea ía excluír do veto aos traballadores do xeito.


Con todo a tramitación continúa o proceso, e pasará en breve pola Comisión de Pesca onde se votará o 30 de marzo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: