www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019

O Concello estuda mercar terreos contiguos ao Convento de Vilavella para aparcamento
Institucional • 20/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Concelleiro de tráfico Eduardo Reguera cualifica de "absolutamente inviable" a proposta feita dende o PP de habilitar como zona de aparcamento provisional os terreos onde se prevé construír o auditorio de A marisma.

 


O edil de tráfico Eduardo Reguera afirma que a proposta dos populares "carece de sentido" xa que o solar ao que fan referencia está baixo competencia da Dirección Xeral de Costas e que o mesmo non se pode empregar sen autorización de dito organismo nin se lle pode dar outro uso que non sexa a construcción do futuro auditorio, cuxas obras continúan á espera de que os terreos sexan postos a disposición do Concello por parte do ministerio de Medio Ambiente.


Sobre a posibilidade de acondicionar a área contigua ao instituto de FP Pedro Floriani para que estaciones autobuses e usuarios do centro Reguera lembra que dita actuación está xa incluída no plan de rexeneración da zona de A marisma e que será unha realidade en breve.


Vilavella


O concelleiro insiste ademais en que a día de hoxe os problemas de aparcamento na vila se centran na zona de Vilavella motivo polo que en canto rematen as obras de humanización se habilitará como zona azul o aparcamento de Ernestina Otero baixo o viaduto. Unha medida que permitirá "unha maior rotación de vehículos nunha zona con numerosos comercios como xa sucede no Campo da Feira".


Adianta ademais o edil que dende o Concello estudan a posibilidade de comprar ou alugar algún térreno contiguo ao Convento de Vilavella para incrementar o número de prazas de aparcamento

Comentarios
Carlos
Luns 25 de Xaneiro de 2010 ás 20:44 horas
O que debía facer o concello e rexenerar a praciña onde se ubica o convento, eliminando o tránsito rodado e os aparcamentos en superficie, para tratar de por en valor unho dos espazos urbanos máis emblemáticos da nosa vila, tal e como se fixo no seu tempo na casa da Torre.
oscar
Xoves 21 de Xaneiro de 2010 ás 02:44 horas
o que fixeron foi empezar a casa polo tellado.primeiro deberon habilitar zonas de aparcamento e despois facer as obras
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: